Descripción de la oferta
Overview
Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida. Xornada: Tempo completo (37.5 h/semana). Salario bruto mensal 1950,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). Lugar de traballo: CINTECX – Vigo. Categoría laboral: Técnico Superior de apoio á investigación modalidade C. Data probable de inicio a partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma.
Traballo a realizar
A persoa contratada incorporarse ao persoal técnico de apoio ao centro, co obxectivo principal de apoiar aos investigadores nas actividades de I+D, a preparación e xestión de solicitudes de novos proxectos de carácter internacional, e a captación de talento. Ademais, participará no desenvolvemento estratéxico e na internacionalización do centro, así como na implementación e xestión do plan de comunicación de CINTECX para fortalecer a visibilidade e o impacto das investigacións e actividades desenvolvidas.
Requisitos
Grao no ámbito das tecnoloxías e enxeñarías aliñadas coas áreas temáticas do CINTECX.
Méritos a valorar
Formación Académica: Grao en tecnoloxías e enxeñarías aliñadas coas áreas temáticas do CINTECX. Formación complementaria relevante (másteres, doutoramentos, cursos especializados). Nivel avanzado de inglés, con capacidade para xestionar proxectos internacionais e comunicarse eficazmente neste idioma. (20 puntos).
Experiencia Profesional: Experiencia previa na xestión de proxectos de I+D, especialmente en ámbitos internacionais. Experiencia na organización de actividades de formación e divulgación científica. Experiencia na elaboración e execución de plans de comunicación (40 puntos).
Coñecementos Específicos: Procedementos e requisitos das convocatorias de financiamento europeas e nacionais. Familiaridade cos sistemas de xestión da calidade aplicados á investigación, así como na xestión orzamentaria e de pedidos na universidade e noutras administrations. Coñecemento das áreas temáticas e liñas de investigación de CINTECX. Competencia no uso de ferramentas e software para a xestión de proxectos e a comunicación científica (25 puntos).
Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a todos os candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos. (15 puntos).
Comité avaliador
Presidente: Mª Angeles Sanromán Braga.
Secretario: Félix Quintero Martínez.
Vogal: Marta Pazos Currás.
Documentación
Solicitude
Currículum vitae
Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 24 de outubro de 2024.
#J-18808-Ljbffr