Descripción de la oferta
En Xesta abrimos un proceso de selección para incorporar unha nova persoa ao noso equipo contable e administrativo.Somos unha asesoría fiscal, contable e laboral 100 % dixital, especializada en acompañar persoas autónomas e proxectos dos sectores artístico, artesanal, audiovisual, docente, da creación de contido e do emprendemento dixital.Buscamos unha persoa que queira iniciar ou desenvolver a súa traxectoria profesional no ámbito da contabilidade e formarse dentro dunha asesoría cunha maneira de traballar próxima, prática e dixital.Principais funciónsA persoa seleccionada encargarase inicialmente de:Revisar que as facturas e a documentación incorporadas pola clientela á nosa plataforma estean completas e correctamente rexistradas.Colaborar nas tarefas de xestión administrativa do despacho.As responsabilidades contables aumentarán progresivamente a medida que a persoa adquira coñecementos, seguridade e autonomía.Ciclo Superior de Administración e Finanzas.Non é preciso ter experiencia profesional previa neste âmbito.Actitude positiva, responsabilidade e disposición para aprender.Atención ao detalle e facilidad para traballar con ferramentas dixitais.CondiciónsModalidade inicialmente presencial, coa posibilidade de valorar teletraballo parcial no futuro.Tipo e duración do contrato: Contrato Formativo para a obtención da práctica profesional.Incorporación: Finais de setembro principios de outubro.Buscamos unha persoa que queira aprender, asumir responsabilidades de maneira progresiva e medrar profesionalmente xunto ao equipo de Xesta.
#J-18808-Ljbffr