Descripción de la oferta
pBuscamos a unha persoa á que lle guste traballar en equipo, con altas doses de motivación e adaptación ao cambio. Non nos fixaremos tanto na túa titulación ou experiencia, senón nas túas ganas de querer aprender. /p pbQue buscamos? /b /ppProgramadores ou programadoras para a nosa infraestrutura de backend e de comunicacións con coñecementos da linguaxe PHP, polo que se traballaches nalgunha ocasión con el, encaixarás con facilidade. /ppComentarche que en dinahosting somos fieis seguidores dos principios de Clean Code e SOLID xa que é prioritario que coides o teu código. /ppTamén utilizamos metodoloxías áxiles na nosa xestión de proxectos, como Scrum. /p pbEn dinahosting traballarás: /b /pp· Investigando, propoñendo e deseñando solucións en equipo. /pp· Desenvolvendo tarefas de programación nas linguaxes coas que traballamos e documentando o teu traballo. /pp· Planificando e executando as probas necesarias para asegurar o correcto funcionamento do programa. /pp· Facendo despregues e postas en produción das ferramentas que desenvolviches e resolvendo as incidencias que poidan xurdir. /p pE por suposto, encantaríanos que nos deses sempre a túa opinión e ideas de mellora sobre os proxectos do departamento. /p pbComo o farás? /b /ppA nosa estrutura é horizontal e existe a figura do responsable de área ou Team lead, que supervisa o traballo de equipo e está para baixar ás trincheiras cando fai falla. /ppOrganizamos o traballo do equipo baixo a metodoloxía Scrum. Os sprints teñen unha duración semanal e facemos reunións para o seu seguimento, evitar puntos de bloqueo e aportar solucións o máis rapidamente posible. /ppNon partirás de cero en todo isto. Temos documentados os procesos de traballo e facemos talleres de formación constantes entre os equipos. /p pbCando traballarás? /b /ppTerás unha xornada flexible de entrada e saída entre as 7 e 9 da mañá, con saída entre as 15 e as 17 horas, cunha parada de media hora de descanso. /ppSomos fans da flexibilidade e da conciliación, e sempre que o necesites poderás ir cos pequenos ao médico ou acudir a consultas sen ter que recuperar ese tempo. /p pbOnde traballarás? /b /ppAs nosas oficinas son o punto de encontro e están en Santiago de Compostela, pero poderás escoller acudir á oficina ou facer traballo en remoto. Ti elixes! /p pbSalario e beneficios sociais /b /ppO salario irá por convenio (convenio propio), e segundo a experiencia demostrada. Ademais contamos con esta serie de beneficios sociais: /pp• Flexibilidade laboral e teletraballo voluntario /pp• Elección libre de vacacións: coordínate co teu equipo e elíxeas cando ti queiras /pp• Bolsa de formación subvencionada ao 100 % /pp• Seguro médico e dental privado ao facer 6 meses na empresa /pp• Axudas para o pagamento de garderías e centros de coidado de maiores /p pbMáis sobre dinahosting /b /ppEn dinahosting levamos desde 2001 dándolle aos nosos clientes todo o que precisan para garantir a súa presenza online. Desde os nosos inicios acompañamos a evolución de Internet sendo unha empresa innovadora, que aposta pola calidade técnica, o desenvolvemento de ferramentas propias e a mellor atención ao cliente. /ppEstas foron as chaves do noso crecemento e o que nos converteu nunha compañía líder no sector que somos hoxe en día. Ofrecemos todo tipo de solucións para un proxecto online, desde plans de aloxamento de hosting compartido ata servidores de alto rendemento tanto virtuais como físicos e por suposto, os servizos de cloud máis avanzados. Tamén somos rexistradores de primeiro nivel para case todos os dominios do mercado e estamos acreditados pola ICANN. /ppSomos partners de marcas tan recoñecidas como Microsoft, Dell, Intel, Cisco ou VMware. En xullo de 2021, Netcraft nomeounos a empresa de aloxamento web máis fiable a nivel mundial. /ppO Soporte Técnico é o noso sinal de identidade e estamos sempre dispoñibles as 24 horas do día, os 365 días do ano. Temos a disposición dos nosos clientes diferentes ferramentas para que se poñan en contacto con nós: un chat, teléfono gratuíto e correo electrónico, sen contestadores, sen formalismos, sen esperas e en 5 idiomas: galego, castelán, catalán, inglés e portugués. /ppbr/ppAo inscribirte nesta oferta de emprego das o teu consentimento explícito a Dinahosting SL para tratar os teus datos coa finalidade de que a túa candidatura participe no proceso de selección asociado. Os datos serán conservados durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recabaron. Non comunicamos os teus datos a terceiros. Podes revocar o teu consentimento, así como exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión e outros dereitos mediante comunicación escrita, dirixida ao noso departamento de Recursos Humanos, en Rúa das Salvadas, nº 41, Baixo-15705, Santiago de Compostela ou na dirección . Para máis información, consulta a nosa política de privacidade en /p